Aberto até o venres o prazo para a pre-inscrición no novo curso da Escola de Música de Rianxo

01 Xullo 2020

A Escola de Música de Rianxo abriu pasado luns 22 de xuño o prazo para formalizar a pre-matrícula do seguinte curso, o curso 2020-2021. O período para formalizar este procedemento previo á matrícula rematará este venres 3 de xullo, incluído. As persoas interesadas poden obter máis información a través do correo electrónico escolademusicaderianxo@gmail.com ou ben mediante o número de teléfono (con opción de Whatsapp) 671 058 555.

O vindeiro curso da Escola de Música de Rianxo virá cunha serie de novidades de interese para as futuras e futuros alumnas/os. Por exemplo, o programa formativo incluirá un módulo de acordeón que será impartido por Sabela Galbán, outro sobre produción musical e novas tecnoloxías que virá da man de Adrián Saavedra, outro curso sobre violín impartido por Patricia Túñez e, tamén, unha actividade formativa coa guitarra que virá da man de Narci Fernández.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.