“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

24 Novembro 2026

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle moito, pero que González aínda lle debe máis ao PSOE.

Obxectivo? Neutralizar a posición política de Pedro Sánchez, unha vez que Felipe González fixera público que o seu sería nestas eleccións xerais un voto en branco. Como “castigo” a Sánchez ou como rexeitamento á actual política socialista? 

Outro disidente é o exalcalde da Coruña Francisco Vázquez: anunciou vai uns días que votaría a prol do PP. 

E eu pregunto: que lles pode pasar a uns tan nomeados políticos socialistas cando, unha vez perdido o seu cargo, deixan de ter o que aparenta ser “poder” ou “influencia” nas decisións do que foi o “seu” partido? Talvez teñen saudade dos tempos de gloria? Que fai que ambos os dous -e outros en activo no mesmo partido citado- critiquen  o que se fai sen eles porque non puideron ou non souberon chegar ata onde o actual secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno español chegou malia non ter maiorías de seu para gobernar? Demasiado “zurdo” Sánchez para González e Vázquez?

Que mala memoria a destes políticos que fixeron e desfixeron ao seu antollo tanto no eido nacional coma no municipal, sen dar opcións aos seus propios compañeiros e, moitas menos aínda, aos da oposición. 

O tamén socialista José Bono, expresidente do Congreso dos Deputados, sentou as bases do ser ou non ser político cando na fin de semana pasada se refería a Felipe González: “Non sexas parvo, Felipe: o PSOE débeche moito a ti, pero ti máis ao PSOE”.

Cavilarían ambos os dous que sería deles sen o “seu” partido, sen os seus compañeiros de PSOE cando un deixou de ser un avogado laboralista e o outro un inspector de Traballo? Que votarían hoxe se é que votaran? 

A vida dá moitas voltas. Moitas. E moitos electores poden pedirlles contas polo que foron e xa non son. Probablemente dirán que este xa non é o “seu” partido. 

Evidentemente. Non están eles.    

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...