“Institucionalidade e partidismo” – José Manuel Pena

16 Novembro 2026

A estas alturas do período democrático en España aínda hai gobernantes que confunden as súas obrigas públicas e institucionais coas políticas partidistas. Pérdense entre a institucionalidade e o partidismo. O Estado somos todos e por tanto cada gobernante, con indpendencia da súa formación política ou ideoloxía, ten que gobernar para todos e non unicamente para os seus simpatizantes ou afiliados.

Uns claros exemplos, máis próximos a nós, son nas diferentes administracións locais do Barbanza, de diferentes signos políticos. Segundo a cor política así actúa a Xunta de Galicia (Partido Popular) e a Deputación Provincial (Partido Socialista) no momento de outorgar axudas, subvencións ou proxectar investimentos importantes, en moitos ocasións sen ter en consideración a urxencia ou a necesidade das actuacións para realizar. Estamos a falar de diñeiro público, de todos, que tería que investirse de maneira equitativa e xusta.

Por outra banda, non podemos esquecernos das visitas institucionais que se realizan por parte dos directores xerais, conselleiros ou deputados provinciais aos diferentes Concellos. Lembremos que, por exemplo en Ribeira, mentres estivo gobernando o tripartito foron escasas ou case nulas as visitas institucionais por parte dos gobernantes da Xunta de Galicia e cando se achegaban á cidade centenaria unicamente reuníanse cos membros do Partido Popular e iso non é de recibo nin nada exemplar para calquera Administración Pública que se prece.

          

Outros artigos

Rois acolle o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!

Será durante as fins de semana do 20 ao 22 e do 27 ao 29 de novembro cando Rois acolla o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!, que presentaba o pasado venres 13 de novembro na terraza exterior da Taberna Angueira. Con propostas gastronómicas a un prezo de 2 euros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una campaña a cara de perro” – José Castro López

“Una campaña a cara de perro” – José Castro López

El cuarto día de campaña me lleva a recordar a Fernando Quesada, el humorista que ejerció con maestría el oficio de “hacer reír y hacer pensar” a los gallegos durante décadas. Sus viñetas eran excelentes editoriales sobre los asuntos importantes de la actualidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.