A compañía vasca Ados Teatroa representará este sábado 10 en Outes 52 Hercios

09 Outubro 2026


O circuíto de intercambio cultural Camiño Escena Norte (CEN) regresa esta fin de semana á localidade de Outes. Baixo o lema Latexos Escénicos, que vincula o proxecto coas artes vivas, o tempo e a enerxía compartida, a oitava edición de CEN presenta este sábado 10 na Casa da Cultura a peza 52 Hercios, da compañía Ados Teatroa, unha obra que, a partir de testemuñas reais, constrúe unha mirada coral sobre o illamento social. Ao rematar da función, celebrarase un haberá encontro entre a compañía e o público.

A soidade non desexada, como unha pandemia silenciosa, afecta a unha de cada cinco persoas nos países industrializados. “É un problema estrutural, transversal e de primeiro orde, xa que se produce tanto en contornos rurais como urbanos, en maiores e mozos, cun altísimo custe social en saúde e calidade de vida”, sinala a compañía vasca. “Malia que a escritura do texto se apoia en experiencias reais, non é unha obra directamente testemuñal, senón que propoñemos un ton poético que, a pesar da dureza do tema, de algunha maneira, ofreza esperanza”, expón.

Sinopse 52 hercios

O título da obra fai referencia á frecuencia dun son estraño rexistrado nos últimos 35 anos en distintos lugares do Pacífico, similar ao canto dunha balea azul. Pero as baleas azuis comunícanse en frecuencias que van dos 10 aos 39 hercios, polo que a voz desta balea estraña e solitaria, vibrando a ‘52 hercios’, queda fóra do limiar auditivo da especie. Ningunha outra balea puido escoitar a súa chamada nunca.

Suponse que a balea dos 52 hercios, ou Whalien 52, pode ser xorda de nacemento e que por iso nunca aprendeu a emitir o canto na frecuencia correcta. A obra utiliza a metáfora desa balea solitaria, convertida nun símbolo do illamento social, para ganduxar unha mirada poliédrica sobre persoas que están a sufrir ou padeceron momentos de soidade non desexada. O eco dese son traspasa o texto e a posta en escena, nun ton non realista, cheo de imaxes poéticas e coreográficas.

 

Outros artigos

Sábado de tempo seco e suave, con predominio do sol e néboas matinais

Galicia manterá este sábado unha xornada marcada pola influencia anticiclónica, o que garantirá un ambiente xeralmente estable e seco en toda a comunidade. O día comezará coa habitual presenza de bancos de néboa matinais no interior, que irán disipándose a medida que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.