Familias e clubs deportivos de Ribeira asisten á presentación dun programa para o uso en positivo da tecnoloxía

09 Outubro 2026

Ribeira acolleu na tarde de onte a presentación do programa Adestrar sen pantallas. Gañar en saúde, dirixido a familias e clubs deportivos. Unha sesión á que tamén asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e o edil de Sanidade, Vicente Mariño.

Esta iniciativa xorde da man da Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN), coa colaboración do Concello, co obxectivo de fomentar un uso saudábel e consciente da tecnoloxía dende o deporte e previr as adiccións a Internet, móbiles, redes sociais, videoxogos e apostas.

Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Cambados e A Estrada serán as localidades nas que se comece a implantar este proxecto piloto que pon o foco sobre a rapazada. Cóntase coa colaboración da Xunta de Galicia, as administracións locais referidas, clubs participantes, federacións, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Internacional da Rioxa.

Adestrar sen pantallas. Gañar en saúde céntrase no desenvolvemento de competencias emocionais e relacionais, nos riscos asociados ao uso abusivo das pantallas e nas estratexias para a promoción do benestar dixital; motivo polo que as actuacións previstas buscan instar ás familias e á comunidade para tomar conciencia e fomentar a práctica deportiva e a actividade física como alternativa de lecer creativo e positivo e desenvolvemento integral das persoas.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Venres 9 con sol e ambiente agradable baixo a influencia anticiclónica

A influencia das altas presións marcará a xornada deste venres 9, San Dionisio, garantindo un tempo seco e moi estable na contorna de Santiago de Compostela e nas Rías Baixas. Nas Rías Baixas, a xornada caracterizarase polos ceos despexados desde primeiras horas, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.