Conservera de Rianxo impulsa un investimento millonario co apoio das axudas da Xunta á mar-industria

05 Outubro 2026

Entre as actuacións apoiadas destacan pola súa dimensión os proxectos promovidos por Transfrío Rías Baixas, S.L. e Conservera de Rianxo, S.A., aos que o Consello da Xunta autoriza a concesión de axudas por un importe conxunto de 8.362.444,73 euros.

A industria transformadora de produtos do mar de Rianxo será un dos grandes motores do investimento produtivo en Galicia ao abeiro da nova convocatoria de axudas da Consellería do Mar. A firma Conservera de Rianxo, S.A. protagoniza, xunto a Transfrío Rías Baixas, S.L., as dúas maiores actuacións aprobadas polo Goberno autonómico, que mobilizarán en conxunto preto de 17 millóns de euros (16.798.685 euros) para modernizar as súas capacidades industriais e mellorar a súa eficiencia.

Para facer posible esta mobilización de recursos, o Consello da Xunta tivo que autorizar formalmente a concesión de axudas a ambos os proxectos ao superar individualmente o limiar dos 3 millóns de euros marcado pola Lei de subvencións de Galicia. Entre as dúas entidades suman un total de 8.362.444 euros en achegas públicas, o que supón prácticamente a metade de todo o desembolso final previsto polas empresas.

Estes investimentos canalízanse a través da liña de axudas a pemes para a transformación de produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O programa ten como finalidade elevar o valor engadido dos produtos elaborados, gañar eficiencia enerxética, reducir o impacto ambiental, potenciar a economía circular e mellorar as condicións laborais nos cadros de persoal.

A confirmación deste pulo para a factoría rianxeira coincide coa ampliación da dotación orzamentaria global levada a cabo polo departamento autonómico, que inxectou 5 millóns de euros adicionais á convocatoria orixinal para elevar o fondo ata os 19 millóns. Este incremento permitiu rescatar 31 propostas que ficaran na lista de agarda por insuficiencia de crédito, acadando un total de 69 iniciativas apoiadas en toda Galicia entre as anualidades de 2026 e 2027.

Outros artigos

O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado. En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que...

+

Noia rende homenaxe a Sebastián Paz Suárez

O Coliseo Noela de Noia acolleu este domingo 4 de outubro ao mediodía o acto de homenaxe de pobo e do Concello de Noia ao escritor, músico, activista cultural, profesor e investigador Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943). No acto participaron arredor de 300 veciños,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.