Noia rende homenaxe a Sebastián Paz Suárez

05 Outubro 2026

O Coliseo Noela de Noia acolleu este domingo 4 de outubro ao mediodía o acto de homenaxe de pobo e do Concello de Noia ao escritor, músico, activista cultural, profesor e investigador Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943). No acto participaron arredor de 300 veciños, xunto cun nutrido grupo de autoridades locais entre as que se atopaba o alcalde Fran Pérez, e representantes locais da cultura como Alejo Amoedo, Serafín Marcos e Esperanza Mara. Tamén fixeron acto de presenza alumnas do Conservatorio de Noia, interpretando e recitando, entre outras, obras do propio Sebastián. O Concello agradeceulle “tantos anos dedicados a recuperar, conservar e poñer en valor o legado musical da súa familia, e por confiar agora en Noia para custodialo e mantelo vivo”.

O homenaxeado, emocionado e con moito sentido do humor, confesou sentirse por fin “liberado” daquela enorme responsabilidade que asumira por encargo do seu pai hai tantos anos: recuperar e reivindicar a historia do seu avó, Felipe Paz Carvajal, que dá nome ao Conservatorio de Noia.

Sebastián Paz Suárez é neto do compositor Felipe Paz Carvajal. É ademais o principal responsábel de que Noia e Galicia recuperase o legado do seu avó, destacado autor musical, director de orquestra e organista galego nacido en Pontevedra o 23 de agosto de 1850 e finado en Noia (A Coruña) o 15 de novembro de 1918 (Paz Carvajal, avó de Sebastián Paz, é recoñecido historicamente como unha das figuras máis relevantes da música de bandas e coros en Galicia a finais del século XIX e principios do XX).

Volvendo a Sebastián Paz, cómpre destacar que adicou anos da súa vida a buscar, reunir e conservar centos de partituras, moitas delas inéditas, evitando que unha parte tan importante do patrimonio musical de Noia caese no esquecemento.

Agora, Sebastián decidiu doar todo ese legado ao Conservatorio Profesional de Música de Noia, que leva como dixemos o nome do seu avó. En palabras do Consistorio, “trátase dun xesto dunha enorme xenerosidade que permitirá conservar, estudar e, sobre todo, volver escoitar estas composicións”.

Por estes motivos o Concello decidiu a adicar a Sebastián “unha merecida homenaxe”, agradecéndolle persoalmente tantos anos de dedicación e “celebrando que todo ese traballo queda agora na nosa vila, ao coidado das futuras xeracións de músicos”.

Máis alá do seu labor de varias décadas de recuperación do patrimonio do seu avó, Sebastián Paz Suárez conta cun camiño propio na cultura galega. Foi mestre de Ensino Primario, profesor de música e subdirector da coral de Noia. Como compositor musical, destaca a súa dedicación ás masas corais e pezas coma o seu Ave María, que chegou a ser interpretado en templos emblemáticos de Madrid e retransmitido a nivel nacional por Radio Nacional de España. É tamén autor de poemarios como Sueños en la infancia (2003) e volumes de narrativa como Contos de encantamentos (2013), editados pola editorial noiesa Toxosoutos.

Outros artigos

O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado. En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.