
O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro acolleu este cinco de outubro unha calorosa recepción aos deportistas do Club de Piragüismo Rías Baixas trala súa chegada da cidade chinesa de Hangzhou onde disputaron o Campionato do Mundo de Barco Dragón coa selección española
O tenente de alcalde Luis Ruiz presidiu o acto institucional xunto á representante de Jealsa Miriam Santiago nunha homenaxe compartida con numerosos familiares e amigos que quixeron arropar aos padeeiros tras acadar catro medallas compostas por dúas pratas e dous bronces nas dezaoito competicións nas que tomaron parte durante a cita mundialista
Durante a súa intervención o representante municipal trasladou o orgullo do pobo boirense polos seus deportistas e salientou que é un gran mérito poder participar nun campionato do mundo e que grazas ao seu esforzo persoal levan o nome de Boiro por todo o mundo.




