Volva a Mostra de Teatro de Porto do Son cunha III edición ateigada de grandes espectáculos

05 Outubro 2026

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá durante todos os sábados de novembro obras de teatro de gran nivel, a través da III Mostra de Teatro do municipio. As actuacións darán comezo a partir das 21.00 horas e as entradas poderanse adquirir a partir do 7 de outubro na oficina de cultura, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h ou previa á función (o pagamento deberá realizarse só con tarxeta bancaria).

A estrea será o 7 de novembro, coa obra A Parábola do Angazo de Talía Teatro. Trátase dunha función recomendada para público xuvenil e adulto.

A mostra continuará o 14 de novembro coa función Os dous de sempre, da compañía Excéntrica. Función recomendada a partir de 13 anos.

O seguinte sábado, 21 de novembro, poderase desfrutar da obra A vida de Brais, do Teatro Airiños. Esta función será de balde e apta para todos os públicos.

A compañía Malasombra será a encargada de pechar esta III edición da Mostra de Teatro, o 28 de novembro coa súa obra Cotorras. Función apta para todos os públicos.

A proposta A Vida de Brais poderanse ver completamente de balde e as entradas para as demais obras poderán adquirirse a un prezo de 4 euros a partir do 7 de outubro na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou previo á función.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.