
O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 9 de outubro un espectáculo para público adulto: Melón Pelado, da compañía da rianxeira Esther Carrodeguas, ButacaZero. A cita será ás 21.00 horas, con venda de entradas na billeteira do Centro Social a partir das 20.00 horas (2,50 euros).
Sinopse
Dúas titiriteiras abren un antigo baúl que podería estar no noso faiado sen nin sequera sabelo. Dentro non aparece a vaixela das nosas avoas, se non a historia silenciada de miles de mulleres rapadas durante a Guerra Civil. Entre a narración oral, o teatro documental e o de obxectos, Melón Pelado propón unha viaxe esperpéntica que xamais debería volver esconderse en ningún faiado.
Melón Pelado é o segundo proxecto escénico no que ButacaZero aborda o tema das rapadas da Posguerra Civil. Esta pequena peza nace como encargo do Museo Reina Sofía, que propón a Esther F. Carrodeguas escribir unha peza de monicreques para o catálogo da súa exposición Esperpento.
Elenco: Nuria Gullón e Cris Collazo
Texto: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira
Deseño e construcción escenográfica: Luchi Iglesias
Asesoramento sonoplastias: Juanma LoDo
Produción: ButacaZero



