Venres con estabilidade xeral, temperaturas en ascenso e risco de treboadas polo serán no sueste galego

02 Outubro 2026

Galicia continuará este venres baixo a influencia das altas presións, aínda que a presenza de aire frío en capas altas da atmosfera achegará certos trazos de inestabilidade ao longo da xornada.

O día comeza con brétemas e anubrados de tipo baixo en áreas do interior, mentres que no resto do territorio predominan os ceos moi abertos.

Pola súa banda, os termómetros rexistrarán valores máis suaves, cun ascenso das temperaturas que irá de lixeiro a moderado en boa parte da xeografía(máximas 25 a 27 graos). Os ventos soprarán de compoñente leste-nordés, con intensidade frouxa nas zonas do interior, moderados na franxa costeira e con intervalos de refachos fortes na contorna de Bares.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.