María Sampedro salienta o valor da cooperación institucional para impulsar infraestruturas clave en Ribeira

02 Outubro 2026
  • A alcaldesa trasladou ao presidente da Deputación da Coruña a necesidade de mellorar a DP-7303 en Oleiros e de calmar o tráfico en contornas escolares.
  • Ambas as dúas administracións reafirmaron o seu compromiso co vial de conexión ao novo polígono industrial.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, mantivo este xoves unha reunión de traballo co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, co obxectivo de analizar os proxectos executados no municipio a través do Plan de Obras e Servizos (POS) e coordinar novas intervencións prioritarias en infraestruturas viarias e equipamentos públicos.

Durante o encontro, a rexedora puxo sobre a mesa a necesidade urxente de actuar na estrada provincial DP-7303, ao seu paso pola parroquia de Oleiros. A actuación proxectada contempla a instalación dunha rede de recollida de augas pluviais e a ampliación da vía, unha intervención que se adaptará e desenvolverá por fases para optimizar a súa execución.

Na axenda de traballo incluíronse tamén medidas orientadas á seguridade viaria, especialmente o calmado de tráfico nas inmediacións de centros educativos como o IES Leliadoura ou no tramo que une Castiñeiras con Aguiño. De igual xeito, avaliáronse diversas propostas para o acondicionamento de instalacións deportivas e ratificouse o compromiso provincial co vial de enlace ao novo polígono industrial, un eixo estratéxico para o desenvolvemento económico local.

María Sampedro subliñou que o traballo conxunto entre administracións resulta fundamental para dar resposta ás demandas veciñais e optimizar os fondos destinados a servizos esenciais como saneamento, abastecemento e pavimentación: “As persoas deben estar sempre no centro das políticas, independentemente dos partidos que ostenten o mando nas diferentes administracións. Este goberno sempre traballará man a man coas diferentes institucións na procura do progreso de Ribeira”, salientou a mandataria.

Tras a xuntanza institucional, Sampedro e González Formoso desprazáronse ata a parroquia de Artes para supervisar sobre o terreo as obras de pavimentación recentemente rematadas na DP-7304, traballos orientados a mellorar as condicións de seguridade e comodidade da circulación na zona.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.