A Garda Civil e a Policía Nacional desartellan un grupo criminal de tráfico de drogas en Palmeira

30 Setembro 2026

Prisión provisional para os dous presuntos xefes dunha rede de tráfico de drogas desmantelada en Ribeira

Un operativo conxunto da Garda Civil e a Policía Nacional saldouse coa desarticulación dun grupo criminal dedicado ao narcotráfico con base na parroquia ribeirense de Palmeira. A intervención rematou con cinco persoas detidas como presuntas autoras de delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal; tras pasar a disposición xudicial, dous dos arrestados, sinalados como os líderes da trama, ingresaron en prisión provisional.

A investigación, desenvolvida de forma coordinada pola Comandancia da Garda Civil da Coruña e a Udyco da Comisaría da Policía Nacional de Ribeira, tivo a súa orixe meses atrás a raíz da neutralización previa dun punto de compravenda que abastecía de heroína a pequenos distribuidores da comarca do Barbanza. As pescudas levaron aos axentes a fixar a vixilancia sobre un inmoble de Palmeira onde se constatou unha actividade continuada e unha afluencia constante de compradores, consolidándose como un dos focos de distribución máis concorridos da zona.

Segundo informaron os corpos de seguridade, a rede recibía cocaína e heroína para posteriormente manipulalas e cortalas na vivenda co obxectivo de incrementar os beneficios económicos.

O pasado 17 de setembro levouse a cabo o despregamento operativo con rexistros simultáneos en dous domicilios. Debido ao perfil violento atribuído aos membros da trama —a quen previamente se lles requisaran dúas armas de fogo—, o dispositivo contou coa intervención de unidades tácticas especiais e guías caninos.

Nos rexistros os axentes incautaron máis de 200 gramos de cocaína e heroína, máis de 1.000 euros en diñeiro en efectivo fraccionado e dous vehículos que figuraban como subtraídos, os cales circulaban con matrículas dobradas e manipuladas para sortear a vixilancia policial.

Tanto os detidos como as dilixencias foron postos a disposición do Tribunal de Instancia de Garda de Ribeira. O xuíz decretou o ingreso en prisión provisional e comunicada para os dous supostos cabezas da organización, mentres que os outros tres investigados quedaron en liberdade con medidas cautelares vinculados á causa.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.