O Campamento de Verán de Rianxo celebrarase do 13 de xullo ao 28 de agosto

16 Xuño 2020

Dende Xuventude de Rianxo veñen de confirmar a celebración, este ano, do Campamento de Verán 2020, unha xa clásica cita de lecer, creatividade e fraternidade que desta volta virá marcada pola crise sanitaria e que, polo tanto, incluirá en todos os elementos do seu programa (e do formato das actividades) medidas estritas de control e seguridade.

O Campamento de Verán Rianxo 2020 celebrarase do 13 de xullo ao 28 de agosto nas instalacións do Pazo de Rianxiño, do CEP Brea Segade de Taragoña e o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, seguindo, informou o Concello, “as recomendacións e medidas establecidas”. O horario será de 10:30 a 13:30 horas, e haberá Plan Madruga.

Nos vindeiros días, o departamento de Xuventude do Goberno local irá informando dos prazos e requirimentos de inscricións. Toda a información relativa á actividade irase publicando baixo o cancelo #camprianxo2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.