O Goberno de Ribeira ratifica en pleno a súa determinación de construír a residencia de San Roque

29 Setembro 2026

A Corporación Municipal de Ribeira celebrou na tarde do luns 28 o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro de 2026 que estivo marcado por varios puntos na orde do día relativa ao proxecto da futura residencia de maiores: a incorporación da parcela cunha superficie de 20.080 metros cadrados ó inventario para albergar esta infraestrutura e a mutación demanial subxectiva desa finca, é dicir, cambiar de titularidade municipal a autonómica e sen modificar a natureza do ben que é de servizo público. O primeiro tivo o apoio unánime dos presentes, mentres que o segundo foi aprobado por 13 votos a favor (PP, PBBI e 1 non adscrito), 5 abstencións (BNG) e 2 en contra (PSdeG-PSOE e 1 non adscrito).

Durante a súa intervención, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, ratificou o compromiso do Goberno municipal e autonómico “cunha infraestrutura moi necesaria para o noso municipio, un apoio que demostramos con feitos cando, na mesma semana na que chegamos ao goberno, presentamos ante a Consellería de Política Social varias alternativas para a edificación. Finalmente, a que reúne mellores condicións para materializar o novo modelo residencial é a que se sitúa nas inmediacións do parque periurbano de San Roque de acordo ao Plan Xeral de Ordenación Municipal”, comentou.

Para Sampedro o devandito é “unha boa mostra de que as persoas están no centro das políticas municipais que implanta este Executivo local, sempre mirando polo benestar dos nosos veciños e veciñas. E con estes asuntos que hoxe tratamos en pleno damos máis pasos cara adiante para que a nova residencia sexa unha realidade coa maior celeridade posible”.

En materia social tamén saíu adiante por unanimidade a solicitude de ampliación da bolsa de horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e Dependencia á Consellería de Política Social e Igualdade en 9.912 horas anuais “dada a demanda existente no termo municipal derivada do envellecemento da poboación e do recoñecemento de novos graos de dependencia que requiren atención na súa contorna familiar”, explicou o Executivo, engadindo que “dende 2023 non se incrementaba o número de horas, algo que vai supoñer reducir a lista de agarda chegando ás 80.000 horas anuais”.

A alcaldesa María Sampedro

Outra das cuestións a tratar foi a solicitude de acceso á liña de préstamos sen intereses a favor dos concellos de Galicia para o financiamento da achega municipal correspondente aos PAI-EDIL que, no caso de Ribeira, pon o foco na rexeneración do barrio de Bandourrío; aprobado por unanimidade. Dende o Goberno local explicaron que “se ben inicialmente esta liña atópase dirixida a municipios con menos de 20.000 habitantes, de non esgotarse o crédito existente, ampliarase a outros termos municipais con maior poboación; de e aí que a Administración local ribeirense opte por solicitar este préstamo”.

Esta petición, engadiron, tradúcese en 2 millóns de euros que axuden a sufragar a cofinanciación dun proxecto estratéxico para o municipio ribeirense, tanto na súa dimensión urbanística como económica e social, “coa vantaxe do gran aforro que supón o importe de xuros para as arcas municipais, uns 700.000 euros”, apuntaron.

Así mesmo, procedeuse coa aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2025, cun superávit de 152.894 euros destinados a amortización de débeda, que saíu adiante con 15 votos a favor (PP, PBBI, PSdeG-PSOE e non adscritos) e 5 abstencións (BNG).

Púxose tamén sobre a mesa a revisión do prezo do contrato de iluminación pública exterior subscrito con Ferrovial Energía, S.A.U. para o 2026, co respaldo da unanimidade dos edís, segundo a cal o incremento se sitúa nos 8.400 euros anuais con relación ao anterior exercicio.

No que respecta a infraestruturas culturais, ratificouse por unanimidade o decreto de corrección de deficiencias do proxecto de reforma da Casa da Cultura de Carreira, enmarcado no POS+2026, que atinxía a emendar no documento técnico determinadas características do material empregado e aprobouse por unanimidade a adhesión á Rede Galega de Teatros e Auditorios que “permitirá situar a Ribeira no mapa dos grandes escenarios de Galicia, optimizando o uso dos espazos culturais e garantindo o acceso da veciñanza a espectáculos profesionais de primeiro nivel”, salientaron dende o Executivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.