AGADEA incorpora unha nova furgoneta adaptada para mellorar o transporte das persoas usuarias do Centro de Día de Ribeira

28 Setembro 2026

AGADEA Alzhéimer conta desde hoxe cun novo vehículo adaptado destinado ao Centro de Atención Diúrna Específico de Alzhéimer de Ribeira, unha incorporación que en palabras da entidade “permitirá reforzar o transporte e facilitar os desprazamentos das persoas usuarias do centro”.

A nova furgoneta foi presentada este luns 28 de setembro nun acto celebrado diante das instalacións de AGADEA na avenida do Malecón de Ribeira, coa participación da directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judith Fontela Baró, a alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro Fernández da presidenta de AGADEA, Isabel Gey, e do xerente da entidade, Faustino Rodríguez.

Posteriormente á presentación, realizaron unha visita ás instalacións do Centro de Día.

Explicaron que a adquisición do vehículo foi posíbel grazas á concesión a AGADEA dunha axuda de 48.901,54 euros, dentro da convocatoria da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a adquisición de vehículos adaptados que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social de Galicia (procedemento IF403A).

A nova furgoneta permitirá “reforzar o servizo de transporte das persoas usuarias do Centro de Día de Ribeira, facilitando o acceso ao recurso a persoas con necesidades de apoio e contribuíndo a reducir as dificultades que os desprazamentos poden supoñer tanto para elas como para as súas familias”, sinalaron dende AGADEA, engadindo que “o transporte adaptado constitúe unha parte esencial da atención, xa que posibilita que persoas con alzhéimer e outras demencias poidan acceder con maior facilidade aos servizos especializados que reciben no centro”.

Isabel Gey, presidenta da asociación sinalou que “a incorporación deste vehículo supón unha mellora moi importante para o día a día do Centro de Día de Ribeira. Non falamos simplemente dunha nova furgoneta, senón de facilitar que as persoas usuarias poidan chegar ao centro e acceder aos apoios que necesitan”.

A entidade destacou tamén a importancia da colaboración entre as administracións públicas e o tecido asociativo para mellorar a accesibilidade aos recursos de atención especializada e favorecer que as persoas con demencia poidan permanecer vinculadas á súa contorna e á súa comunidade.

Un recurso para as persoas e familias do Barbanza

O novo vehículo pasa a formar parte dos recursos do Centro de Día AGADEA de Ribeira, especializado na atención a persoas con alzhéimer e outras demencias, e permitirá mellorar a capacidade da entidade para organizar os traslados diarios das persoas usuarias.

A incorporación da furgoneta coincide ademais co Mes do Alzhéimer, no que AGADEA está a desenvolver diferentes actividades de sensibilización e información para facer visible a realidade das demencias e as necesidades das persoas afectadas e das súas familias.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.