María Sampedro enxalza a figura de Miguel Ruiz na celebración da XXVII Carreira Popular Santa Uxía

26 Setembro 2026
  • Hugo García e Sara Castillo coróanse nesta proba na que participaron preto de 500 deportistas
  • ⁠O ouro na absoluta local foi para Zaira Iglesias e Alberto Riveiro

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, puxo esta tarde en valor a figura de Miguel Ruiz coma “amigo, compañeiro, veciño e impulsor desta proba” e a quen se lle adica por terceiro ano o nome da Carreira Popular Santa Uxía, na que participaron preto de 500 deportistas, 177 nas caregorías superiores. Os mellores tempos foron acadados por Hugo García e Sara Castillo, seguidos de Alberto García e Soledad Leiro, coa prata, e Juan Alberto Riveiro e Nuria Mejuto, co bronce.

En canto á absoluta local destacaron Zaira Iglesias, con María Paz e Silvia Piñeiro completando o podio; mentres que na masculina, Alberto Riveiro quedou de primeiro, acompañado no caixón por Jorge González e Xavi Agraso.

A rexedora, xunto a demais membros do goberno municipal participaron no seguimento da proba e entrega de medallas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.