O MUGART contribúe cos seus fondos a importantes exposicións en Ausburgo, Vigo e Bari

26 Setembro 2026

O Museo do Gravado de Artes (o MUGART con sede en Artes, Ribeira) ten varias actividades moi relevantes na súa axenda neste punto de inflexión entre o verán e o outono. Por unha banda segue a colleitar éxitos en Alemaña a exposición de gravados de Goya e Dalí en Ausburgo (Caprichos), que, segundo confirman dende a cidade xermana, tivo unha excelente acollida recibindo xa dende a súa apertura e até este 25 de setembro máis de 100.00 visitantes. A mostra establece un diálogo directo entre as estampas da serie satírica Los Caprichos de Goya (1793–1799) e as versións surrealistas que Dalí elaborou sobre elas entre 1973 e 1977.

Ademais, a semana vindeira inaugúrase en Galicia, con fondos do MUGART, unha nova exposición: Dante Dalí, que abre ao público o vindeiro xoves, 1 de outubro, ás 18.00 h no Museo do Mar de Galicia (Vigo). Esta exposición está formada pola serie A Divina Comedia de Salvador DALÍ, fondos pertencentes á Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

Ademais, a Fundación Museo de Artes do Gravado (FMAG) ten cedidas as series Picasso: Selección de 25 pezas da Suite Vollar, selección de 25 pezas dos Linóneos e a serie completa cos bocetos do Guernica para a exposición Picasso, Lo Sguardo Revoluzionario a Comuna di Milano, Cámara de Comercio de Bari, provincia de Lecce, Italia), do 10 de outubro 2026 ao 7 de marzo 2027.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.