Ribeira avanza na folla de ruta marcada para a PAI-EDIL co inicio do estudo xeotécnico na praza de Pontevedra

25 Setembro 2026

O Goberno municipal de Ribeira continúa traballando na execución do PAI-EDIL que pon o foco no barrio de Bandourrío. O investimento público será de 10.912.880 euros, que asumirá nun 60% a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O Concello informou que a semana pasada comezaron os traballos do estudo xeotécnico e campaña inicial de recoñecemento do terreo con especial atención á viabilidade técnica do futuro aparcamento disuasorio subterráneo. O dito estudo ten carácter previo e “servirá”, en palabras do Concello, “como documento técnico de apoio para a toma de decisións iniciais, a definición da imaxe obxectivo, a programación operativa da actuación e a preparación da futura licitación do proxecto técnico”.

O ámbito de actuación deste xeotécnico é a praza de Pontevedra, a contorna do antigo Auditorio, a área prevista para o aparcamento disuasorio subterráneo, o borde de conexión co parque de Pedra Pateira, as zonas de posíbel implantación de ramplas ou accesos e a contorna inmediata afectada por futuras escavacións, contencións ou cambios de rasante. Trátase, polo tanto, de “coñecer polo miúdo o estado do terreo para a construción do estacionamento subterráneo e que o deseño vaia en consonancia co proxecto que se ten contemplado para Bandourrío de espazo diáfano, homoxéneo e conectado co mar”.

Topográfico e plan director operativo

Os seguintes pasos a dar serán o estudo topográfico e o plan director para que a infraestrutura proposta conte cos servizos necesarios como subministro eléctrico, abastecemento e saneamento e tendo en conta a realidade actual e levar tódolos datos extraídos aos planos de cara a redacción do proxecto que saia a licitación.

Busca de co-financiamento para a PAI-EDIL

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, salientou a busca de co-financiamento que se fará dende o Concello para, nas súas palabras, “un proxecto estratéxico e rexenerador do barrio de Bandourrío”. De feito, dixo, este tema abordarase no pleno ordinario do mes de setembro no que se debaterá a aprobación da solicitude de acceso a liña de préstamos sen intereses a favor dos concellos de Galicia para o financiamento da achega municipal correspondente aos PAI-EDIL.

Esta solicitude tradúcese en 2 millóns de euros que axuden a sufragar o co-financiamento dun proxecto estratéxico para o municipio ribeirense, “tanto na súa dimensión urbanística como económica e social, coa vantaxe do gran aforro que supón o importe de xuros para as arcas municipais”, sinalou a rexedora.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.