“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intenta
atender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.
Esta reflexión nos indica que os orzamentos que se utilizan, nos últimos anos, para atender o ben
máis preciado que temos: a saúde, son escasos…e non só o dí Millás, o dí a OMS, as Organizacións
Científicas e Profesionais, as Asociacións de Pacientes, etc. Recomendan o 25% do orzamento para
AP. O PP destina o 13%… Non se pode facer o mesmo con menos recursos, nin facer máis con
menos. Temos o que temos. E si os responsables sanitarios non dedican o suficiente a atender as
necesidades da poboación: cambiemos de dirixentes…pero debemos ter en conta, previamente, as
políticas sanitarias dos partidos políticos. Uns abogan pola Financiación Público Privada, outros
consideran que todo debe ser privado e moitos, que asumimos que o Sistema Público sexa o
responsable da atención sanitaria… e de poñer os recursos suficientes para ter unha Sanidade do
primeiro mundo.
A pregunta que nos facemos é si temos os recursos suficientes para dar unha atención de calidade,
sin colapsos permanentes, tanto nos Centros de Saúde, como nos PACs, como nos Servizos de
Urxencias dos Hospitais. Claro que sí. Que sucede? Que existen demasiados intereses de lobbies,
que están no capitalismo máis salvaxe e non aspiran a que se “reparta” entre todos o que se recauda
dende a administración.
As CCAA teñen transferidas as competencias en materia sanitaria, dende que se puxeron en marcha.
Con capacidade para xestionar incluso a falta de persoal (que é a causa fundamental de toda a
problemática sanitaria)…pero sabéndoo, parece incrible que non se poñan os medios para resolvelo.
O PP leva gobernando 17 anos na Galiza. Saben, por activa e por pasiva o que sucede no verán, o
que sucede nos Centros de Saúde cando non se substitue aos profesionais. Si teñen pouco persoal
todo o ano, que sucede? Colapsos e máis colapsos. E todo vai canalizado aos Servizos de Urxencias
dos Hospitais: dín os estudos sobre este tema, que “canto máis grande é o Servizo de Urxencias
dun Hospital, peor é o seu funcionamento”. A xente que entra por Urxencias, despois de ser
atendida, debe derivarse ao seu domicilio ou ser ingresada NO MENOR TEMPO POSIBLE.
Sabemos que si se pechan camas no verán e a demanda sigue existindo (pois as enfermidades non
toman vacacións) os tempos de agarda van a aumentar. Non vale dicir, como dí o inepto do
conselleiro de sanidade “que si se precisan as camas, abriranse”. É isto tan falso como que despois
do verán siguen pechados ata departamentos completos. Non teñen interese en resolver o tema. E
preguntamonos (pregunta retórica claro): por que sucede todo ísto? Quen ou quenes saen
beneficiados?
O orzamento na Galiza para o 2027 serán máis de 15.000 m. de €. De verdade non temos un Plan de
Rescate da Sanidade Pública que poda resolver o que está sucedendo? Levamos todo o verán con
mobilizacións en diferentes localidades (algunhas masivas como en Verín, de novo) para conseguir
uns servizos sanitarios do primeiro nivel. Tamén temos o diagnóstico e o tratamento, para resolver
os problemas…e temos os cartos: por que non se fai?
A resolución dos problemas está plasmado no documento do PP “Estratexia Galega de Saúde 2030”
(publicado no 2023). O informe, elaborado cas aportacións do Consello Técnico de AP na Comisión
9: Multidisciplinar. O teñen dende fai un ano metido nun caixón e so fan uso dél, de forma
propagandística, cando lles interesa, con algún tema especial (por certo: o de “chatear co teu
Médico de Cabeceira” non aparece en ningún momento nese Plan).
Non se explica (si no é por motivos espúreos) que non se acepte a quita da débeda da Galiza,
por valor de 4.010 m. de €. A cantidade de problemas que se podrían resolver con eses cartos. E si
miramos algo máis, vemos que “a banca privada é a gran beneficiada co 84,3% da débeda nas
súas mans”. Evidentemente é o resultado dunha decisión política do PP. O pagamento desta débeda
supón o terceiro gasto de todo o orzamento no ano 2026: destínase, a pagar os xuros da débeda: 224
m de €… e si miramos algo máis, vemos que 65 m. de € van á concesionaria (privada) do Hospital
Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Como decía Millás “as listas de agarda son unha crueldade…” pero tamén é: o resultado
dunha política determinada que fai que non teñamos a Sanidade Pública que nos merecemos!



