As Festas da Mercé de Postmarcos conmemoran os 25 anos da inauguración da Capela

23 Setembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal deu a coñecer este mércores a programación das Festas da Nosa Señora da Mercé de Postmarcos, que mañá, xoves 24 de setembro, vivirán a súa xornada central. Este ano, os festexos coinciden co 25 aniversario da inauguración da nova capela.

Durante a presentación, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou o arraigamento destas festas e a importancia de contribuír á súa continuidade: “Desde o Concello queremos mostrar o noso apoio ás Festas da Mercé, unha celebración que forma parte da tradición e da historia da nosa parroquia. Consideramos importante apoiar aquelas celebracións que forman parte da identidade do noso pobo, que se veñen mantendo ao longo dos anos e que queremos que poidan continuar tamén no futuro”, sinalou.

Lojo incidiu, ademais, no valor de preservar este legado: “Desde o Concello colaboramos e apoiamos a súa celebración, porque manter vivas as nosas tradicións é tamén manter viva a nosa memoria colectiva e a vida das nosas parroquias”.

Dianas e alboradas a cargo dos grupos de gaitas Os Caraveiros e Río de Anxo abrirán a xornada grande. As misas rezadas terán lugar ás 9.00, 10.00 e 11.00 horas e, ás 12.00 horas, oficiarase a misa solemne, seguida da procesión. Pola tarde están previstos novos oficios relixiosos ás 18.00 e ás 19.00 horas.

Xa ás 20.00 horas terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro Lauda Sión e presidida polo cardeal arcebispo emérito de Madrid, Antonio María Rouco Varela. A continuación desenvolverase a Procesión das Velas, acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ao seu remate, antes da entrada da Virxe na capela, realizarase unha gran tirada de fogos de lucería na honra da Virxe da Mercé.

O programa continuará o domingo 27 de setembro, ás 12.00 horas, cunha misa solemne na honra da Virxe da Mercé.

A conmemoración dos 25 anos da inauguración da capela marca así unha edición especialmente significativa das Festas da Mercé, unha cita estreitamente ligada á tradición e á historia de Postmarcos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.