Portos e o Concello de Noia colaborarán para renovar a pasarela do paseo marítimo

22 Setembro 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, financiará o 80% das obras de reposición da pasarela peonil do porto de Noia. Así o acordaron este martes 22 de setembro a presidenta do ente público, Natalia Botana, e o alcalde la localidade coruñesa, Francisco Pérez, nunha reunión na sede do ente público.

No encontro, ambas administracións sentaron as bases do convenio de colaboración que asinarán para planificar, tramitar e executar esta obra. En base a este acordo Portos de Galicia costeará o 80% do orzamento da actuación e redactará o proxecto básico da obra, mentres que o Concello asumirá o 20% restante.

A actuación de renovación integral da pasarela permitirá recuperar a seguridade para o tránsito peonil nesta zona do paseo marítimo, pechada temporalmente ante o grave risco que, segundo os informes técnicos de Xunta e Concello, rexistraba para os viandantes.

Tal como acordaron a presidenta de Portos e o alcalde de Noia, as obras executaranse en dúas fases. Nunha primeira, que abranguerá unha lonxitude de 400 metros, retirarase o paseo voado de madeira e instalarase unha varanda para reforzar a seguridade. A continuación, na segunda fase, actuarase sobre os 390 metros restantes, na zona pilotada onde se substituirá integramente a madeira actual por madeira de maior resistencia e durabilidade na contorna marítima.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.