Ribeira recibe unha delegación de Malta para compartir experiencias en materia de acollida e inclusión de migrantes

22 Setembro 2026

O Concello de Ribeira recibiu unha delegación de catro profesionais do International Learners Directorate (ILD) de Malta, organismo gobernamental especializado na atención educativa e inclusión de persoas e familias migrantes. A visita, enmarcada nunha mobilidade Erasmus+ de observación profesional
(job shadowing) impulsada polo equipo directivo do IES Leliadoura, co seu director Ismael Arnoso á fronte, permitiu presentar á delegación maltesa a realidade social do municipio e o traballo que se desenvolve desde os Servizos Sociais municipais.

A alcaldesa, María Sampedro, subliñou “a importancia de compartir experiencias con outros territorios europeos para seguir avanzando nas políticas de acollida e inclusión”. Seguindo este fío, destacou o labor dos Servizos Sociais municipais e o traballo en rede que se desenvolve desde o Concello para acompañar as persoas e familias migrantes no seu proceso de integración.

Durante a xornada, representantes municipais e persoal técnico de Servizos Sociais compartiron coa delegación os principais retos relacionados coa diversidade cultural e a inclusión social, así como os protocolos municipais de primeira atención, asesoramento e empadroamento e o traballo de acompañamento a familias, menores e persoas en situación de vulnerabilidade.

O encontro serviu tamén para poñer en valor a coordinación entre a Administración local, os centros educativos e o tecido asociativo, así como para intercambiar experiencias sobre os procesos de acollida e integración da poboación migrante. Entre os temas abordados estiveron a aprendizaxe lingüística, a inclusión educativa e social, a conciliación e o acceso á formación e ao emprego.

A iniciativa permite establecer un intercambio de boas prácticas entre o modelo maltés e a realidade galega, ao tempo que contribúe a fortalecer os vínculos internacionais do municipio e a explorar futuras vías de colaboración e cooperación europea.

A visita forma parte do programa de internacionalización do IES Leliadoura, centro acreditado Erasmus+, e está coordinada polo seu equipo directivo, encabezado polo director Ismael Arnoso, e pola coordinadora Erasmus+, Josefa Hermo.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.