Luz verde no Congreso á proposición do BNG para mellorar e reforzar as oficinas do ISM

22 Setembro 2026

A Comisión de Traballo, Economía Social e Seguranza Social do Congreso aprobou este mediodía a proposición non de lei do BNG que demanda un reforzo de persoal e de medios os centros do ISM na Galiza. A iniciativa contou cos votos favorábeis de todos os grupos, agás Vox. 

Na defensa da iniciativa parlamentar, Néstor Rego explicou as deficiencias e carencias nas oficinas do ISM na Galiza que afecta “un sector chave na economía galega como é a pesca” e remarcou que “Galiza é unha nación altamente dependente da pesca. Toda a nosa costa depende en grande medida da actividade pesqueira e marisqueira”.

Sinalou que hai “18.000 persoas afiliadas ao réxime especial do mar na Galiza que soportan numerosas deficiencias no funcionamento das oficinas do ISM no noso país”. Enumerou algunhas das carencias como a escaseza de persoal, tanto de facultativos sanitarios para realizar as revisións médicas antes de embarcar, como de persoal formativo para a impartición de cursos obrigatorios.

“Producíronse fechamentos de oficinas como en Camariñas e Corcubión, obrigando as persoas afectadas a desprazarse até A Coruña. Non é unha situación sostíbel. As oficinas do ISM deben atender adecuadamente os traballadores e traballadoras do mar e estar suficientemente dotados de persoal”, sinalou o deputado do BNG, afiirmando que “non se poden repetir situacións de fechamento de oficinas”.

Amais,esixiu que se cubran todas as prazas, que se incrementen os cursos de formación para que “os mariñeiros non teñan que pagar cursos privados”.

O deputado do BNG finalizou deixando claro que “o urxente agora é a mellora dos centros do ISM”, mais o obxectivo do BNG é que “sexan transferidos á Administración galega para xestionalos desde a Galiza atendendo á nosa realidade”. O acordo alcanzado na Comisión implica garantir o óptimo funcionamento das oficinas do ISM, a cobertura das prazas vacantes de facultativos para garantir os recoñecementos médicos, a mellora da oferta de formación asegurando a prestación dos cursos obrigatorios, e o apoio para a adaptación aos procedementos dixitais, entre outras.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.