As autoridades españolas agoiran unha nova tentativa de asalto masivo á fronteira de Ceuta mañá, mércores, cadrando coas eleccións lexislativas en Marrocos. A embaixada española en Rabat xa avisou ao Goberno deste país desa posibilade -segundo explican medios marroquís- e dende este domingo van reforzar a seguridade no valado. Case dous meses dempois do paso irregular dunhas 70.000 persoas os pasados 30 e 31 de xullo, o enclave español de Castillejos comezou a semana con ao menos catro canóns de auga a presión, uns corenta cuarteis policiais e centos de axentes de diversos corpos montando garda. Ao lado marroquí tamén blindan a fronteira e os camiños dende Tánger están plagados de controis policiais, unidades militares e patrullas da xendarmaría en cada desvío. De feito hai numerosos axentes de paisano que paran e identifican a tódolos xoves. O luns haberá ata 3.000 efectivos depregados que se acubillarán temporalmente nas naves jndustriais valeiras da zona. Ante o crecente cerco, moitos migrantes subsaharianos agóchanse nois bosques de Belyunes á espera de que se calme a situación. No que atinxe á poboación marroquí, están volvendo a verse mensaxes en redes sociais que animan a outro asalto para traspasar a fronteira o mércore, aproveitando que as autoridades do país estarán entradas en garantir a seguridade durante as eleccións.
A embaixada española en Rabat prohibe con mensaxes en redes sociais avisando de que entrar irregularmente en España por Ceuta e Melilla non da dereito a acceder á península, a permanecer en España nin a pasar libremente á Unión Europea, As autoridades españolas advirten aos xoves marroquís que teñan tentación de cruzar, non se deixen enganar.



