Activo un incendio forestal en Ribasieira no Porto do Son cun amplo despregamento de medios. Unha motobomba que participaba na extinción precipitouse por unha pista forestal.
O Goberno central informa que envía medios aéreos ós incendios forestais que están activos nos concellos de Porto do Son e Gondomar.

Un importante operativo de loita contra o lume traballa na extinción de dous incendios forestais declarados no termo municipal de Porto do Son.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume orixinouse ás 14:42 horas na parroquia de Ribasieira. Polo de agora non se dispón dunha estimación oficial sobre a superficie queimada, aínda que a densa columna de fume xerada polas chamas é visible desde distintos puntos da comarca do Barbanza.
Para frear o avance do lume e acadar o seu control, mobilizouse un amplo dispositivo aéreo e terrestre coordinado polo servizo de extinción da Xunta de Galicia:
- Medios aéreos: cinco helicópteros e catro avións.
- Medios terrestres: oito brigadas, cinco motobombas e dúas pas.
- Persoal técnico e de mando: seis axentes, un técnico e dúas unidades técnicas de apoio (UTA).

Os equipos continúan sobre o terreo realizando labores de contención ante as condicións actuais.
Pasadas as cinco da tarde, segundo recolle a canle Lumes Grupo Barbanza, unha das motobombas que participaba na extinción precipitouse por unha das pistas forestais, de momento desoñecese si houbo feridos.




