Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico.
Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante, esta nubosidade matinal dará paso con rapidez a ceos pouco nubrados ou despexados na meirande parte da comunidade, agás pola noite, cando farán acto de presenza nubes de tipo alto sen maiores consecuencias.
No tocante aos termómetros, as temperaturas manteranse en valores similares aos dos últimos días ou mesmo experimentarán lixeiros ascensos nas horas centrais.(Máximas de 32 a 35 graos).

O noso mar: Vento do leste á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



