
O Campo da Feira de Noia acolle este sábado 19 de setembro ás 12.00 horas unha función circense para a rapazada: Clown Namorado, a cargo do artista clown Rudi Rudi, pseudónimo de Rudi Josef Gerard Vanminsel.
Será, en palabras do Concello, unha cita para desfrutar en familia e unha divertida comedia xestual e interactiva na que o amor, os nervios e os intentos por impresionar a alguén do público acabarán convertendo todo nun auténtico caos.
Un espectáculo pensado para nenas e nenos a partir de 3 anos, pero tamén para facer rir aos maiores.
Sábado, 19 de setembro
12:00 h
Campo da Feira de Noia
Duración: 50 minutos
Entrada de balde
O espectáculo está organizado polo Concello de Noia e forma parte do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Sinopse
Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O espectáculo cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos. Ata que un tropezo lévao a un xogo inesperado que o arma coa suficiente valentía para dar o salto ao baleiro e declararse coa axuda imprescindible do público… Levará un pau? Ou xurdirá o amor? Unha comedia xestual e interactiva para toda a familia.




