O proxecto LIFE Insular desenvolve novas estratexias de restauración ambiental en Sálvora, Cíes e Ons

17 Setembro 2026

A Consellería de Medio Ambiente está a desenvolver no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia unha estratexia de restauración ambiental co obxectivo de “mellorar a conservación dos hábitats insulares, así como reforzar a súa resiliencia ante o cambio climático”. En concreto, a través do proxecto europeo LIFE Insular estanse acometendo actuacións de restauración ecolóxica nas illas de Cíes, Ons e Sálvora.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, explicou que “estas accións enmárcanse neste proxecto de cooperación transnacional entre España e Irlanda que busca definir e implementar unha estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares pertencentes á Rede Natura 2000 no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático”.

Engadiu que os traballos consistiron na retirada e control de especies vexetais invasoras en máis de 145 hectáreas dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora para favorecer a recuperación da vexetación autóctona.

Así mesmo, esta medida complementouse co reforzo da flora autóctona a través da obtención e produción de plantas procedentes de material xenético local para reintroducilas e acelerar a recuperación dos hábitats dunares e dos matogueiros costeiros. A maiores, dixo, “actuouse para recuperar a paisaxe natural insular a través da redución de formacións forestais non propias destes ecosistemas e a mellora da conectividade ecolóxica”.

Ademais, o proxecto tamén inclúe unha estratexia de sensibilización e difusión pública mediante xornadas específicas en datas sinaladas, así como accións de voluntariado, talleres escolares e colocación de paneis informativos, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.