A Xunta outorga a Conservas Ría de Arousa (A Pobra) a concesión para ocupar 400 m² no dominio público para un emisario submarino

17 Setembro 2026

A Xunta de Galicia outorgou unha concesión para ocupar 411 m² do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) no concello da Pobra do Caramiñal co fin de instalar un emisario submarino asociado á fábrica de Conservas Ría de Arosa SL.

A Pobra coa Illa de Arousa ao fondo

Segundo o anuncio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, trátase dun novo título concesional, de carácter accesorio e complementario ás instalacións xa existentes —que contan con concesión desde 2018— e destinado a “conducir ao mar as augas residuais industriais previamente depuradas”.

A Xunta lembra que a solicitude inicial fora presentada ante Costas do Estado no ano 2009, expediente que recibiu a Xunta o verán pasado, tras asumir o traspaso efectivo das funcións e servizos para a xestión do litoral. A concesión outorgada agora corresponde exclusivamente á ocupación do dominio público necesaria para instalar un emisario submarino asociado á fábrica de conservas, cuxa actividade se desenvolve neste lugar desde 1906.

En concreto, a actuación prevista comprende unha tubaxe enterrada de aproximadamente 435 metros de lonxitude, dos cales 398 metros discorrerán por DPMT, así como un difusor submarino de 13 metros. O caudal máximo diario previsto é de 119 m³. As obras deberán comezar no prazo de 12 meses e rematar antes de 24 meses.

Ademais, o título autoriza “exclusivamente a ocupación do dominio público marítimo-terrestre” e non substitúe os demais permisos, licenzas ou autorizacións esixibles conforme á normativa sectorial, engadiu a Xunta.

Outros artigos

A Policía Autonómica precinta o Camping Ría de Arousa (Cabío)

A Policía Autonómica de Galicia precintou as instalacións do Cámping Ría de Arousa I, emprazado a carón da praia de Cabío (A Pobra). Segundo informaron diversos medios, trátase dun peche orixinado "polo incumprimento de requirimentos administrativos" a través dos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

El lexicógrafo Eladio Rodríguez López, en su célebre diccionario editado por el Centro Gallego de Caracas, dejó anotada una de esas perlas que invitan a tirar del hilo de la historia. Al definir la palabra «aviación», aludía a un vecino del ayuntamiento lucense de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.