Volve o cinema a Muros coas proxeccións de “El ser querido” e “Spider-man Brand New Day”

17 Setembro 2026

O Auditorio de Muros retoma esta semana a programación cinematográfica coas proxeccións de El ser querido e Spider-Man: Brand New Day.

A programación arrancará coa proxección de El ser querido, unha das grandes apostas do cinema español deste ano. Unha película dirixida por Rodrigo Sorogoyen e protagonizada por Javier Bardem e Vicky Luengo.

O filme poderá verse no auditorio nas seguintes sesións: o venres, 18 de setembro ás 20:30 h, o sábado, 19 de setembro ás 20:30 h e o domingo, 20 de setembro ás 20:00 h.

A programación completarase con Spider-Man: Brand New Day, a nova aventura do universo Marvel. Nesta ocasión, Peter Parker enfróntase a unha nova etapa da súa vida mentres continúa asumindo a responsabilidade de protexer a cidade como Spider-Man.

As sesións previstas son o sábado, 19 de setembro ás 17:30 h e o domingo 20 de setembro ás 17:00 h

Dende a Concellería de Cultura, Caridad González destaca que “seguimos apostando por achegar a Muros películas de actualidade e títulos que están a espertar un gran interese entre o público”.

As entradas para ambas películas xa poden adquirirse a través da billeteira electrónica do Concello de Muros e tamén nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.