O Concello de Muros aprobou este mércores 16 de setembro tres novas obras, dentro do Plan Complementario ao POS+2026 da Deputación da Coruña.
O investimento nas tres actuacións supera os 570.000 euros:
Trátase en primeiro lugar do proxecto de reparación dos cerramentos do Pavillón Xosé Lago. Terá un custe de 343.484,12 euros, dos que a Deputación aporta 314.858,54 euros e o Concello de Muros 28.858,58 euros.
Ademais, acondicionaranse as beirarrúas e executarse unha rede de drenaxe de augas pluviais no CEIP Ramón de Artaza (73.126,25 euros, financiados integramente pola Deputación).
O terceiro proxecto incluído no POS da Deputación é o saneamento en Agrocovo (Fase I), cun investimento de 159.440,62 euros financiados integramente pola Deputación.
“Adicamos estes investimentos a saneamento, ensino público e deportes, tres prioridades para o goberno local de Muros desde o comezo do mandato”, explicou a alcaldesa, María Lago.





