Noia mobilizará preto de 575.000 euros en oito novos investimentos a través do POS+

16 Setembro 2026

O Concello de Noia levará ao próximo pleno unha nova batería de actuacións con cargo á segunda fase do POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, que permitirá mobilizar 574.921,64 euros para executar oito novos investimentos en diferentes puntos do municipio. Deles, 556.828,67 euros serán financiados pola Deputación e 18.092,97 euros polo Concello.

A proposta foi presentada este mércores 16 de setembro polo voceiro municipal do BNG, Ricardo Suárez; o alcalde de Noia, Fran Pérez; e o tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Manuel Seijas, que explicaron as principais actuacións que se incorporarán ao plan.

Suárez abriu a comparecencia poñendo o foco na distribución dos investimentos entre o núcleo urbano e as parroquias e, especialmente, na mellora ambiental da contorna do Cruceiro da Barquiña. Cun orzamento de 200.266,19 euros, será a actuación de maior contía das oito previstas nesta fase.

O voceiro do BNG referiuse tamén ao investimento de 104.249,99 euros para a actualización e mellora dos sistemas de automatización e telecontrol da ETAP de Noia, destacando “a importancia de continuar modernizando as infraestruturas vinculadas ao abastecemento”. Suárez incidiu especialmente na “necesidade de reforzar e facer máis eficiente a xestión da auga nun contexto no que os períodos de seca obrigan a prestar cada vez maior atención á dispoñibilidade e ao uso responsábel deste recurso, garantindo ao mesmo tempo un servizo esencial para a veciñanza”.

Pola súa banda, o rexedor Fran Pérez destacou a capacidade do POS+ para seguir incorporando investimentos ao municipio e puxo en valor o papel da Deputación da Coruña e do Plan Único como instrumento para que os concellos poidan destinar os recursos ás súas necesidades prioritarias.

O alcalde salientou tamén que “esta segunda fase permitirá combinar a execución de novas obras coa mellora da situación económica municipal”. Lembrou pois que a achega global da Deputación ascende a 761.587,89 euros, dos que 133.018,94 euros destinaranse a gasto corrente e 71.740,28 euros á redución da débeda do Concello coa propia Deputación pola utilización dun préstamo provincial.

Pola súa banda, Manuel Seijas centrou a súa intervención no traballo que se está realizando sobre as infraestruturas municipais e na necesidade de continuar actuando sobre problemas acumulados durante anos, especialmente nas redes de servizos básicos. Neste sentido, o tenente de alcalde resumiu o ritmo das actuacións desenvolvidas polo actual goberno cun dato: “En 13 meses metemos máis metros de saneamento que nos dez anos anteriores”.

Seijas defendeu “a necesidade de manter esa liña de traballo e de aproveitar os recursos dispoñíbeis para actuar tanto nas grandes intervencións como en obras que resolven problemas concretos dos veciños e veciñas, especialmente nas parroquias”.

Engadiu que o novo POS+ permitirá executar a pavimentación en Bergondo, cun investimento de 85.797,25 euros; a mellora do acceso á Perouta, por 30.000,90 euros; e a adecuación do viario entre a Igrexa e Roo de Abaixo e do aparcadoiro da igrexa e do cemiterio de Santa María de Roo, por 40.984,32 euros.

Tamén se acometerá o acondicionamento e pavimentación de beirarrúas en Manle, Santa Cristina, por 31.965,78 euros, ao tempo que no núcleo urbano actuarase na praza de Ayón e a súa contorna, cun investimento de 40.686,90 euros, e nas rúas Pintor Francisco Creo e Irmáns Labarta, con outros 40.970,31 euros.

O paquete complétase coa actualización e mellora dos elementos de automatización e telecontrol da ETAP de Noia, unha actuación de 104.249,99 euros destinada a modernizar unha infraestrutura fundamental para o sistema municipal de abastecemento de auga para consumo. Neste proxecto, a Deputación achegará 86.157,02 euros e o Concello 18.092,97 euros.

Deste xeito, o Concello incorpora oito novas actuacións por 574.921,64 euros, combinando melloras nas parroquias, humanizacións no núcleo urbano e investimentos en infraestruturas e servizos básicos. A proposta será sometida agora á aprobación do pleno da Corporación Municipal, como paso previo á súa tramitación e execución, que terá lugar este xoves ás 09:30 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los niños del 60, y los de hoy”. Manuel Dominguez III

“Los niños del 60, y los de hoy”. Manuel Dominguez III

En aquella década todos los niños acudíamos el sábado a la vieja tienda de la vieja señora, a comprar los tebeos del Capitán Trueno o Jabato o Hazañas bélicas. Intercambiamos los cuentos para leer más. Leer era un placer, cuasi una devoción, los nietos de aquella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.