O Concello da Pobra mellora o campo de fútbol de Cadreche cun investimento de máis de 35.700 euros

16 Setembro 2026

Ao longo deste ano 2026 o Concello da Pobra do Caramiñal levou a cabo diferentes actuacións de mantemento e mellora no campo de fútbol de Cadreche, cun investimento total de 35.741,65 euros. As ditas intervencións permiten acondicionar a instalación e reforzar os seus equipamentos de cara ao comezo da nova tempada deportiva.

Indo aos traballos desenvolvidos, cómpre salientar a construción dun novo vestiario, cun importe de 12.152,76 euros. A esta actuación súmanse 6.993,80 euros encamiñados a armarios e 4.735,94 euros á pintura de vestiarios e baños.

Asemade, a relación de investimentos inclúe tamén: a subministración dunha bomba de rego, por 4.280,98 euros; un termo, por 2.645,06 euros; unha portería de fútbol 8 trasladábel e a súa montaxe, por 1.904,96 euros; a reparación das varandas das bancadas, por 1.331 euros; o mantemento do céspede artificial, por 1.163,54 euros; redes de fútbol 7 e a súa colocación, por 533,61 euros.

Pola súa banda, o alcalde e concelleiro de Deportes, José Carlos Vidal, salienta que “dispoñer dunhas instalacións en boas condicións é fundamental para fomentar a práctica deportiva e dar resposta ás necesidades dos clubs e das persoas usuarias”.

Para rematar, Vidal fai fincapé na importancia da actividade deportiva para o municipio e no compromiso de continuar avanzando na adecuación das infraestruturas: “Queremos que a veciñanza conte con espazos axeitados para practicar deporte e que os clubs poidan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións posíbeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.