A Xunta presenta en Madrid o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble con máis de 1.400 bens inventariados

15 Setembro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, deu a coñecer na Casa de Galicia este rexistro e as Áreas Nai, dúas ferramentas enmarcadas no Plan da Cultura Marítima de Galicia.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e as Áreas Nai ou Espazos de Interese Cultural Marítimo. O acto, celebrado baixo o título Galicia, mar e memoria, serviu para expoñer estas dúas ferramentas impulsadas pola Xunta no marco do Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA), deseñadas para conservar, protexer e difundir o legado vinculado ao mar.

O novo censo recolle un total de 1.452 bens patrimoniais inventariados e documentados. A súa elaboración requiriu un traballo de campo de case tres anos, período no que se percorreron máis de 24.000 quilómetros polo territorio e no que se lograron identificar 83 tipoloxías patrimoniais distintas.

Durante a súa intervención, Villaverde salientou que ambas as iniciativas permiten avanzar na posta en valor dunha cultura marítima que constitúe unha parte esencial da identidade galega. Segundo explicou a titular de Mar, estes instrumentos facilitarán tanto a protección e o estudo dos elementos catalogados como a súa divulgación dentro e fóra da comunidade, ao tempo que reafirmou o compromiso do Goberno autonómico de continuar recuperando, preservando e dando visibilidade ao patrimonio marítimo galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.