Ana Miranda demanda medidas en Europa para “a situación crítica do marisqueo en Galiza”

15 Setembro 2026

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno de Estrasburgo do Parlamento Europeo as problemáticas do sector marisqueiro galego, que son, dixo, “graves, estruturais e conxunturais”. Nas súas palabras, o sector vive “unha situación crítica que demanda medidas e solucións ante a pasividade da Xunta”, unha situación que empeorou este 2026 coas abundantes choivas a comezos de ano que provocaron grandes arrastres de area e bivalvos nas rías galegas e baixaron a salinidade das augas provocando, en consecuencia, un aumento da mortalidade do marisco. Ao devandito, dixo, sumouse un verán con altas temperaturas na auga do mar, que reduciron o afloramento e, polo tanto, o marisco, agravaron aínda máis a situación do sector

“A miña intervencións no Parlamento Europeo denunciou a invisibilidade que ten o sector pesqueiro e marisqueiros nestes momentos, abandonado polo Goberno do Partido Popular. Tanto o sector a pé como a flote sofre rendas baixísimas e en moitos casos sen cobrar dende hai meses”, sinalou, engadindo que “o sector marisqueiro de Galiza sofre tamén problemas estruturais como son os peches continuados dos bancos”.

De feito, dixo, “no último ano tamén se perderon o 17% das licencias para mariscar”. Mentres, criticou, “as axudas europeas e do Estado tardan en chegar aos centos de mulleres e homes que traballan no sector”..

A actual situación do sector lembra ao fatídico 2023 cando os temporais provocaron que no seguinte exercicio as ventas de peixe e marisco nas lonxas caesen en 24.000 toneladas, a facturación descendese un 7,5%, 30 millóns menos, e se perdesen preto de 220 empregos, comentou a eurodeputada.

Miranda trasladou ás institucións europeas varias medidas de urxencia coas que garantir a viabilidade do sector, deseñadas conxuntamente e en colaboración cos centros de investigación e as universidades galegas. Apuntou que o BNG defende un estudo sobre as causas da baixa produtividade, un protocolo de baleirado e limpeza dos encoros para reducir a salinidade das rías, segundo as necesidades do sector e non a axenda das grandes eléctricas para se enriquecer xogando co prezo da electricidade.

Ana Miranda solicitou tamén “dar prioridade ao sector na distribución do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura”, o FEMPA, porque “a situación de urxencia exixe medidas a nivel galego e europeo para a viabilidade do sector en momentos de baixa produtividade. Por suposto demandamos que nos vindeiros orzamentos europeos haxa partidas específicas para paliar as consecuencias que están sufrindo tantas mariscadoras e mariscadores”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

Jesús Vázquez Paz Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais. Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.