Co remate de setembro comeza un novo curso na Escola de Música Prudencio Romo de Noia (centro autorizado pola Xunta de Galicia). A cita de inicio será o martes 29 de setembro ás 19.00 horas no Local de Ensaio Prudencio Romo. Ese día celebrarase a reunión de presentación de inicio de curso, un encontro para coñecer as novidades, presentar o funcionamento deste novo curso, resolver dúbidas co profesorado e dar a benvida a toda a comunidade da escola. Tamén serán asignados os horarios pendentes.
A aula (emprazada na rúa Corredoira de Luis Cadarso, en Noia) ofrece formación en en música e movemento, linguaxe musical, e clases de instrumento (frauta, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, bombardino, percusión, canto e piano). A propia Banda Municipal de Noia encárgase de facilitar os instrumentos ao alumnado que o precise.





