O Club Arqueiros do Barbanza organiza un seminario de psicoloxía deportiva aplicada ao tiro con arco

10 Setembro 2026

Os días 12 e 26 de setembro celebrarase un Seminario de Psicoloxía do Deporte Aplicada ao Tiro con Arco, organizado polo Club Arqueiros do Barbanza coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

As dúas xornadas desenvolveranse en horario de 10.00 a 14.00 horas e estarán impartidas por Iago Roel, doutorado en Psicoloxía Deportiva pola Universidade de Santiago de Compostela. A formación terá lugar antes do inicio da tempada 2026-2027, co obxectivo de que os coñecementos adquiridos poidan poñerse en práctica unha vez comece.

O seminario está dirixido a facilitar a deportistas e monitores ferramentas que permitan traballar o aspecto psicolóxico do tiro con arco e mellorar o rendemento deportivo. As dúas sesións estarán separadas por dúas semanas para que as persoas participantes poidan aplicar os coñecementos adquiridos na primeira xornada e, na segunda, corrixir o que sexa necesario ou poñer en práctica novos contidos.

Durante as sesións abordaranse, de maneira teórico-práctica, as claves para o adestramento mental no tiro con arco, o nivel de activación, a ansiedade no deporte, o pánico ao amarelo (panic target) e diferentes ferramentas mentais aplicadas a esta disciplina.

Iago Roel conta tamén cun certificado en adestramento deportivo pola Escola Iberoamericana de Coaching, un mestrado de Investigación en Psicoloxía da Saúde e do Deporte e un posgrao de Psicoloxía Aplicada ao Alto Rendemento Deportivo, estes dous últimos pola Universidade Autónoma de Barcelona.

A súa traxectoria profesional suma máis dunha década de experiencia en equipos de alto rendemento. Traballou en clubs como o Real Club Celta de Vigo e a Sociedade Deportiva Teucro, ademais de colaborar con diferentes federacións deportivas de ámbito nacional. Na actualidade, colabora con varias federacións integradas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

No ámbito específico do tiro con arco, colaborou coa Federación Galega impartindo clases de psicoloxía nos cursos de adestrador de nivel 1 e traballando de forma individual con deportistas de alto rendemento.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.