Boiro Novo critica as obras de rehabilitación do Centro Social de Cabo de Cruz

10 Setembro 2026

Boiro Novo emitiu hoxe un comunicado crítico coas obras de rehabilitación do Centro Social de Cabo de Cruz, que, segundo indicaron, “quedaron só en fume e en propaganda”, en parte, sinalaron, “porque a obra proxectada non cubría todos os traballos requiridos para rehabilitar o edificio nin contaba co orzamento
necesario”. O resultado, explicaron, “foi unha licitación deserta e volver ao punto de partida”. Ao seu xuízo, trátase dunha “discriminación das parroquias fronte ao centro urbano”.

E engadiron: “Mentres para a Casa da Cultura non se reparou en gastos, ampliando en 1,7 millóns o orzamento inicial, en Cabo o Goberno nin sequera presentou un proxecto integral para o arranxo do edificio e tampouco dispuxo dos fondos necesarios para tan só para arranxar a cuberta”.

O grupo tamén dixo que hai demoras importantes nos proxectos locais: “Aínda agora, a finais de 2026, comezan a executar obras que levan aprobadas dende a anterior lexislatura coma o pavimentado de Runs o ou o lavadoiro de Comoxo”.

Neste contexto, Boiro Novo presentará no próximo pleno unha batería de preguntas ao Goberno para “que informe cando volverá saír a licitación da cuberta do Centro Social de Cabo, cando se acometerá o resto das actuacións necesarias para rematar e rehabilitar completamente o edificio e que medios materiais e humanos se destinarán a darlle contido”, adiantaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.