O Concello de Muros realizou no verán traballos de mantemento e acondicionamento nos tres centros de Infantil e Primaria

10 Setembro 2026

O Concello de Muros realizou durante os meses de verán diferentes actuacións no CEIP Ramón de Artaza, o CEIP Ricardo Tobío e o CEIP de Louro, dando resposta ás demandas da comunidade educativa.

Dende o Consistorio lembran que os concellos teñen as competencias de mantemento dos centros educativos, pero son de responsabilidade da Xunta de Galicia as obras de carácter estrutural nas instalacións.

“O ensino público é unha prioridade para o Goberno local, por iso atendemos dentro das nosas competencias as demandas da comunidade educativa e as familias para mellorar o estado dos centros”, sinalou a alcaldesa de Muros, María Lago.

“A Brigada de Obras municipal encárgase de facer os traballos que consensuamos coas direccións dos colexios, en función tamén das actuacións levadas a cabo en cada un deles en anos anteriores”, explicou a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira.

Nas últimas semanas acometéronse traballos de carpintería, fontanaría e electricidade. Procedeuse ademais ao pintado de aulas e patios, limpeza de muros, patios interiores e exteriores, arranxo de persianas, limpeza de canlóns e amaño de goteiras.

“Apoiamos as demandas dos centros no que respecta ás súas necesidades de melloras estruturais: entre outras obras, o CEIP Ricardo Tobío precisa dun cambio de cuberta e da substitución das fiestras, mentres que o CEIP de Louro tamén demanda o cambio das fiestras”, lembrou Rivadeneira.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.