Muros presenta unha completa axenda de escolas deportivas e obradoiros culturais

10 Setembro 2026

O Concello de Muros presentou co inicio do curso unha completa axenda de escolas deportivas e obradoiros culturais ao tempo que publicou as bases e o prazo de preinscrición de todas as actividades, que será do 9 ao 19 de setembro. A concelleira de Cultura, Caridad González, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea, convidaron “á veciñanza de todas as parroquias a participar nas actividades” e destacaron que “este curso hai actividades novas para chegar a máis xente”.

Para persoas adultas e mozos e mozas, haberá obradoiros culturais en Esteiro (arte floral, bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Tal (bordado e traballos manuais); Abelleira (bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Torea (traballos manuais); Serres (bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Muros (arte floral, bordado, costura e encaixe de bolillos, gravado e pintura, teatro, baile de salón, traballos manuais e cociña); Louro (bordado e traballos manuais), e Trasdacosta (bordado).

Para nenos e nenas, están previstos obradoiros de teatro e pintura (nados entre o 2019 e o 2015, ambos incluídos).

As escolas deportivas desenvolveranse en Esteiro (Pavillón Xosé Lago); Muros (Pavillón de Miraflores e piscina); Louro (CEIP Louro); Abelleira (Centro de Sorribos), e Torea (Casa Reitoral).

Haberá clases de ximnasia de mantemento; actividades predeportivas; ximnasia rítmica; taekwondo; baloncesto; fútbol sala; patinaxe; xadrez, e bádminton.

As persoas interesadas teñen toda a información e as bases completas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.