O MUGART prepara a mostra do XVII Premio Atlante de Gravado e colabora con exposicións de Lodeiro, Dalí e Picasso

08 Setembro 2026

O Museo do Gravado de Artes (MUGART) compartiu a súa axenda para este inicio de curso, unha completa listaxe de actividades que inclúe inauguracións de mostras, entregas de premios e achegamento de fondos para outros espazos expositivos.

· Xoves, 10 de setembro 2026, ás 19.00 h: Sala Refectorio do Museo Provincial de Lugo: Exposición de Lodeiro: obra gráfica. Está formada por 52 estampas, 11 serigrafías e 14 matrices orixinais de Lodeiro, o “Pintor de Vigo”. Do 10 de setembro ao 1 de novembro 2026.

· Sábado, 19 de setembro 2026, ás 13.00 h no MUGART (Sala 0), Museo do Gravado de Artes (Ribeira): entrega de galardóns e inauguración da exposición do XVII Premio Atlante de Gravado. Exposición coas obras gañadoras e seleccionadas do XVII Premio Atlante de Gravado. Do 19 de setembro ao 12 de novembro 2026.

· Xoves, 1 de outubro, 2026, hora por definir: Museo do Mar de Galicia (Vigo). Exposición Dante-Dalí: A Divina Comedia. 100 obras realizadas por Salvador Dalí para ilustrar A Divina Comedia de Dante Alighieri. Do 1 de outubro ao 15 de novembro 2026. Este proxecto expositivo que conta coa colaboración da Societá Dante Alighieri de Vigo, leva parella unha serie de conferencias sobre a figura de Dante e Dalí.

Sábado, 10 de outubro 2026, hora por definir: Pazzo Cámara de Comercio en Bari, Provincia de Lecce (Italia): Picasso, Lo Sguardo Rivoluzionario. Comisario: Joan Abelló Juanpere. Trátase da cesión dunha selección das series Linóleos e a Suite Vollard e mais a serie completa dos bosquexos para a creación do Guernica cedidas pola FMAG. En total 92 obras. Do 10 de outubro 2026 ao 7 de marzo 2027).

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.