Concello de Muros consolida o servizo municipal gratuíto de Madrugadores

08 Setembro 2026

O Concello de Muros anunciou neste inicio de curso que vén de consolidar o servizo municipal gratuíto de Madrugadores.

Neste comezo do ano escolar, hai inscritos 18 nenos e nenas no CEIP Plurilingüe de Louro (12 familias); 32 nenos/as no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (27 familias), e 12 nenos e nenas no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (10 familias). En total, 49 familias e 62 nenos e nenas.

O Concello asumiu por completo a xestión do servizo no verán de 2024, co que quixo “dar resposta ás necesidades das familias e da comunidade educativa”. Antes, no curso 2023/24, colaborou coas ANPA durante uns meses para manter un servizo que utilizaban 20 nenos e nenas.

“É unha satisfacción ver que esta medida para impulsar a conciliación se consolida”, asegura María Lago, alcaldesa de Muros. “Unha prioridade para nós, un servizo municipal e financiado ao 100% polo concello que permite fixar poboación en Muros”, engade.

“Desde o Concello consensuamos de forma continua coas familias usuarias e os centros melloras no servizo para que facilite de forma efectiva a conciliación e ninguén quede fora”, apuntou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino de Muros.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, lembrou que “a conciliación é un elemento fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, facilitando que as responsabilidades de coidado poidan compatibilizarse coa vida laboral e persoal”

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.