A Asociación Etnolóxica Castelao busca o apoio do Arcebispado para recuperar o patrimonio de Rianxo

08 Setembro 2026

A Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao mantivo un encontro institucional na sede do Arcebispado de Santiago de Compostela co presidente da Comisión Diocesana de Arte Sacro, Pablo Carou Barros, co gallo de abrir vías de colaboración que permitan protexer, restaurar e divulgar diversos bens culturais e relixiosos do municipio rianxeiro.

Á xuntanza asistiron o presidente da entidade, Xosé Bravo, xunto co secretario Xusto Ordóñez e os vogais Joaquín Domínguez e Ramón Dios, quen expuxeron a necesidade de impulsar futuros convenios a varias bandas entre a Igrexa, a propia asociación e o Concello de Rianxo para garantir unha xestión patrimonial eficaz con especial fincapé no seu valor formativo para a mocidade

Durante a xuntanza presentáronse dous proxectos específicos acompañados de planos e orzamentos, centrados na posta en valor do monumental hórreo do Araño situado no lugar de Traba para asegurar o coidado da súa contorna e rematar co peche continuado da leira que impide a súa visita pública, así como no estudo do estado administrativo e arquitectónico da capela de San Mamede de Guixar no lugar de Campelo de cara á súa posible rehabilitación

A asociación cualificou de xeito moi positivo este achegamento inicial coa autoridade eclesiástica para solicitar os permisos pertinentes e continuar recadando os apoios técnicos e económicos precisos para facer accesibles estes sinais de identidade á cidadanía rianxeira

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.