A Deputación concede este ano 2,24 millóns de euros a 19 entes e asociacións turísticas para impulsar a calidade e competitividade do sector

07 Setembro 2026

A Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte: recibirá 115 000 € para a consolidación, promoción e comercialización do destino Barbanza Arousa e a de Información e Comunicación Local, S.A. (Turismo de Santiago): 150 000 € , plan de calidade e competitividade turística de Santiago de Compostela.

A Deputación da Coruña confirmou a resolución definitiva do programa de subvencións DP0030 do departamento de Turismo da Deputación da Coruña. Desa liña de axudas, dirixida a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña, beneficiaranse este ano 19 entidades, que se repartirán 2 240 758 euros.

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, valorou moi positivamente a resolución definitiva dunha convocatoria que “reforza o modelo turístico polo que aposta a Deputación: un modelo de calidade, sostible, descentralizado e respectuoso co territorio”.

Regueira salientou a gran acollida e a calidade dos proxectos presentados: “Con esta liña de axudas, dotamos as mancomunidades, consorcios e asociacións do sector dos recursos necesarios para desenvolver produtos turísticos de alto valor engadido, profesionalizar a xestión nos destinos e consolidar a provincia como un referente tanto a nivel nacional como internacional”.

Para o vicepresidente, o programa “blinda e dá continuidade a proxectos de vertebración territorial”, coma o Xeoparque do Cabo Ortegal, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, os itinerarios náuticos ou o Camiño Inglés. “Garantir a suficiencia financeira destes entes é clave para que a provincia siga medrando de xeito equilibrado e xerando dinamismo económico no conxunto do territorio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.