O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

06 Setembro 2026

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia, tal e como sucede na dita praza de abastos, pola que pasan diariamente un gran número de persoas”, sinalaron fontes do Consistorio.

Ademais, os praceiros e praceiras recibirán en vindeiras datas un curso para actualizar a súa formación sobre como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria e como empregar dito desfibrilador.

O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, indica que “continuamos traballando na mellora da praza de abastos cunha medida en materia de seguridade dada a afluencia de xente que esta rexistra. Os primeiros momentos son cruciais ante unha parada cardiorrespiratoria. Por iso, dende a Administración local queremos incrementar os espazos cardioprotexidos e, agora, este mercado xa pode dicir que o é”.

O investimento foi de 2.601,50 euros, IVE incluídos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.