O Freixo celebra a Festa do Carme coa tradicional procesión marítima (e con verbena nocturna a partir das 23h)

05 Setembro 2026

Este sábado 5 de setembro celebrouse a Festa do Carme no Freixo (Outes). Participaron veciños e profesionais do sector marítimo-pesqueiro da contorna, aos que se uniu a conselleira do Mar, Marta Villaverde, que salientou na compaña do alcalde, Francisco Calo, “o orgullo e a identidade viva dunha localidade estreitamente ligada ao mar, onde o esforzo diario das súas familias mantén vixente o legado mariñeiro de Galicia”. Tamén transmitiu o apoio da Xunta a unha comunidade costeira que sabe conxugar as súas raíces artesanais co desenvolvemento económico vencellado á actividade da cadea mar-industria.

A Festa do Carme do Freixo no concello de Outes celébrase por tradición a principios de setembro na parroquia de San Xoán de Sabardes, tendo como epicentro o histórico porto do Freixo. Trátase dunha celebración cunha fonda identidade mariñeira ligada á ría de Muros e Noia.

A festa arrincou pola mañá coas dianas e alboradas polas rúas a cargo do grupo Xeitura de Esteiro. Antes do xantar foi a quenda da sesión vermú, que veu da man do dúo Aires de Broña.

Pola tarde celebrouse o oficio da misa solemne cantada (coa Coral Francisco Añón) e posterior procesión marítima, un dos momentos máis emotivos onde as embarcacións acompañan á imaxe da Virxe polo mar, co acompañamento da Banda de Música de Outes.

Máis tarde foi a quenda da Charanga O Rumbo.

Pola noite (ás 23.00 horas) hai verbena coa Orquestra New York e (logo) a Macro Discoteca Móbil Chocolate.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.