Domingo 6, brétemas e nubes na costa e sol cara o interior e moderada baixa das temperaturas

05 Setembro 2026

O domingo 6, San Zacarías, manterase a influencia das altas presións sobre Galicia, pero con ventos do oeste que irán retirando o aire cálido e achegando humidade desde o mar. Agárdanse brétemas e nubes baixas no litoral oeste e néboas en comarcas do interior, no resto os ceos con nubes de tipo alto. Pola tarde medrarán algunhas nubes de evolución en zonas altas, sen demasiadas consecuencias. As temperaturas experimentarán un descenso moderado, especialmente na metade oeste(máximas de 26 a 30 graos). O vento soprará frouxo do oeste-noroeste, con intervalos moderados no litoral.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.