Comezan as obras de acondicionamento do entorno do lavadoiro de Comoxo (Boiro)

04 Setembro 2026

O Concello de Boiro leva a cabo obras para o acondicionamento do lavadoiro de Comoxo. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o desenvolvemento das obras.

Segundo indicaron, neste intre estanse a realizar as actuacións previas que contemplan a demolición do alpendre e muros existentes e o desmonte do terreo para a formación da explanación e muros de contención. Posteriormente realizarase o novo lavadoiro e a fonte coa instalación de fontanería, saneamento, pluviais e alumeado; así como a pavimentación de toda a contorna do lavadoiro e o parque infantil.

A actuación completarase coa recolocación dos contedores, a plantación de novas árbores e a instalación do mobiliario urbano como bancos, papeleiras, luminarias ou varandas para a humanización do espazo e lograr unha zona de ocio para a veciñanza.

“Trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza mediante a que se vai humanizar unha zona que é punto neurálxico do lugar de Comoxo”, afirmou Luis Ruiz.

As actuacións, dun importe de 323.194,90 euros, están financiadas pola Deputación da Coruña mediante o POS+ Concellos. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu á Deputación da Coruña polo financiamento destas obras e tamén “á veciñanza que cedeu terreos para que poidamos mellorar esta zona que vai servir de punto de encontro e dinamizador do noso rural”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.