Profesionais de toda España reúnense en Ribeira para compartir os últimos estudos sobre a obesidade

04 Setembro 2026

O primeiro curso de Investicación Traslacional en Obesidade: do laboratorio á práctica clínica dirixido a profesionais da saúde arrancou hoxe en Ribeira cunha serie de conferencias que contan con especialistas para compartir os últimos estudos sobre esta enfermidade e como se foi consolidando como unha doenza crónica multifactorial con implicacións metabólicas cardiovasculares e sociais.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, foi a encargada de abrir este curso que “demostra que a ciencia e a formación de alto nivel poden saír das urbes e atopar o seu espazo en municipios coma o noso para o intercambio científico. Un territorio con identidade propia, profundamente vencellado ao mar e, polo tanto, á dieta atlántica. Conxugamos así investigación, innovación, nutrición, tradición e sustentabilidade.” Neste senso, a rexedora enxalzou os produtos do
mar que saen da lonxa ribeirense, protagonistas desa alimentación saudábel.

Sampedro agradeceu á Sociedade Española de Obesidade e, nomeadamente, ás investigadoras Ana B. Crujeiras, Luisa M. Seoane, Sulay Tovar e María Pardo por poñer en marcha esta primeira edición dunha iniciativa que pon o foco na saúde para mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Tamén tomou a palabra Ana B. Crujeiras, investigadora e unha das promotoras, manifestou que “nós queríamos facelo aquí tamén porque queriamos unha ambiente máis próximo, máis íntimo, facelo fóra de grandes cidades, de grandes palacios de congresos, e este é o sitio ideal. A nosa ilusión é que teña continuidade”.

Gala benéfica

Ademais do encontro científico que se estenderá durante toda a xornada de hoxe, xunto a unha saída á illa de Sálvora no día de mañá, nesta tarde, ás 20.30 horas, haberá unha gala benéfica a favor da investigación sobre a obesidade, no novo Auditorio Municipal. Esta versará sobre Ciencia e Sociedade. Achegando a investigación en obesidade á cidadanía e contará coa participación de Boticaria García e Javier Butragueño, ademais das actuacións de Alfaia e Alecrín.

Unha vez finalice o coloquio, presentarase o libro Mujeres de hierro e ofrecerase un cóctel en base á dieta atlántica. O acceso require inscrición previa.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.